O profesor e historiador medieval da USC Carlos Barros presentou na Libraría Couceiro o seu libro, Torres, varas e demos. Os irmandiños da ría de Muros-Noia , publicado pola editorial Toxosoutos.
-¿Que recolle neste libro?
-Forma parte da principal liña de investigación que desenvolvo dende hai dúas décadas, que é a revolta irmandiña en Galicia. E agora estou facendo itinerarios locais, porque aparte de achegar o tema ás comarcas, mellora a visión do conxunto.
-¿Que aporta o de Muros-Noia?
-Nesta área é onde fixen o maior esforzo de investigación, que non é doado, porque as fontes son escasas. pero en 1469, no concello de Noia acordouse pedir a confirmación dos nomeamentos dos alcaldes a Fonseca, o vello, o que confirma a habilidade política dos líderes urbanos da revolta. E aparecen as varas de mando dos alcaldes, con frechas de besta pintadas, que simbolizan o movemento irmandiño, porque era coas que executaban aos delincuentes.
La Voz de Galicia 26.11.2009