O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.
2 de dec. de 2009
Un poemario incivil
Hoxe presentamos na libraría Couceiro de Santiago de Compostela (20.00h) o poemario de Xoán Carlos Domínguez Alberte titulado Incivil. Xesús Alonso Montero prologa o libro.