O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

22 de dec. de 2009

Xosé Lois García, fillo adoptivo de Sant Andreu

O Pleno municipal de Sant Andreu da Barca, en Cataluña, aprobou por unanimidade -e a proposta do grupo de goberno- o nomeamento de Xosé Lois García como fillo adoptivo da cidade, ademais de cronista honorífico. O nomeamento prodúcese "como recoñecemento público polos méritos adquiridos como escritor e polo seu labor en favor da cultura popular de Sant Andreu da Barca". Ten publicado en Toxosoutos diversos libros de creación, entre os que destacamos os seus últimos Poemas pornofálicos, así como numerosas edicións de outros autores (Antoloxía dos poetas galegos en Cuba, etc.)