O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.
Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantáballes
Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiñaXa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
cachela=plancha furada para asar as castañas
mega=cesta para apañar castañas e outros froitos secos
cemba=parte elevada dunha montaña ou camiño
Para saber máis sobre as celebracións do nadal noutros lugares, os personaxes que traen agasallos aos nenos e a súas historias, preme na castaña máxica