David G. Couso, Julio Jácome, Francisco Magide,
Martín Álvarez e Mª Carmen Jiménez
na Casa do Concello de Parada de Sil durante o acto de presentación do libro.
Martín Álvarez e Mª Carmen Jiménez
na Casa do Concello de Parada de Sil durante o acto de presentación do libro.
Dentro das profesións ambulantes que marcaron o rural galego, a dos afiadores, quincalleiros ou capadores son as máis coñecidas, pero non as únicas. Na zona da Ribeira Sacra ourensá ,e de forma especialmente relevante o Concello de Parada de Sil, moitos dos seus fillos saíron a gañarse a vida como barquilleros. O Concello de Parada leva anos empeñado en recuperar a memoria dese oficio tradicional - instalouse unha escultura na súa honra e fixéronse homenaxes a algún dos seus representantes aínda vivos-, e onte daba un novo paso coa presentación dun libro do que son autores o mestre cociñeiro e presidente da Asociación As Ortigas, Martín Álvarez e a súa compañeira Carmen Jiménez. Ambos recompilaron a historia de moitos deses profesionais que ata chegaron a gañarse o agarimo dos cidadáns doutras comunidades, como Ponferrada, onde hai unha estatua a Pepe Cortés. Pero ademais o libro O barquilleiro, vendedor d'olvido , publicado por TOXOSOUTOS, intenta tamén recuperar as receitas tradicionais e a importancia culinaria do barquillo orixinal fronte aos produtos industrializados.